Casa fidalga en Axiaz (Ventosa). Pertenceu ao escudeiro Lope de Brandariz. Conserva aínda bastantes elementos que denotan a nobreza da casa. Nas edificacións anexas os bloques de perpiaño confirman a pertenza á primitiva construción pacega, hoxe bastante alterada. Unha pedra moldurada pertencente á cornixa descansa nun valado próximo á capela do Anxo da Garda. O perpiaño, a porta en arco de medio punto e a cornixa de dobre moldura que percorre os laterais do tellado son os elementos arquitectónicos máis destacados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario