13 de febreiro de 2007

I ENCONTRO NOS PENDELLOS (II)

Entre os asistentes ao acto, ademais da delegación invitada, contamos coa inestimable presenza de D. Avelino Pousa Antelo, insigne galeguista e Presidente da Fundación Castelao (Na foto de arriba, o primeiro pola esquerda. Á súa beira, D. Domingos Frades Gaspar).
A nómina de escritores que subiron ao estrado para facernos o agasallo da palabra calorosa foi extenso: Vázquez Pintor, Isidro Novo, Marica Campo, Fernández Abella, Carlos Negro, Ramón Caride, Fina Casalderrey, David Otero, Bernardino Graña, Heidi Kun Bode, Xulio Valcarce, Xoán Neira, Bernardo Penabade...
Tamén nos acompañaron os escritores Valentín Arias, Xosé María Lema Suárez, Adolfo Camaño, Xabier Quiroga, Xosé Luna, Francisco Rozados "Rochi", Carlos Ramos, Carlos Solla; artistas: Camilo Camaño Xestido, Paco Lareo, Armindo Salgueiro, Saúl Otero, Damián Paio... Unha importante representación do mundo académico: catedráticos de Universidade, porfesores de instituto, mestres, políticos, ecoloxistas e moitos veciños de Agolada.
Do ámbito político estaban os alcaldes de As Ellas, San Martí de Trebellu, Valverdi do Fresnu (Estremadura), a alcaldesa de Lubián (Zamora), os alcaldes de Moaña e Agolada, o concelleiro de Cultura de Pontevedra, Luís Bará (na actualidade Director Xeral de Difusión Cultural na Xunta de Galicia), o deputado autonómico por Castela-León, Felipe Lubián, o tenente-alcalde de Agolada, e os grupos políticos do concello de Agolada.
A palabra e a música altenáronse enchendo a mañá fría de rechouchíos. Mini e Mero de A Quenlla, Na Virada de Cangas, Axóuxere de Melide, Bico da Balouta, a Banda de Música Municipal de Agolada e Raúl Galego, o Gaiteiro Nubeiro.
É difícil repetir n'Agolada unha data coma esta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario