11 de febreiro de 2007

CASTRO DA GANDARELA

Castro da Gandarela. É o nome popular con que se coñece este enorme túmulo. No catálogo de Patrimonio figura como Mámoa de Castrillón. Pertence á parroquia de As Trabancas. Pode localizarse con bastante exactitude na intersección das liñas imaxinarias trazadas entre as aldeas As Trabancas-Aián, Lamas-Val. Souben dela por Alejandro García Fernández e visiteina o verán pasado.
É unha mámoa de grandes dimensións, cun túmulo de terra de máis de 25 metros de diámetro e uns tres ou catro de altura. Ten o cráter característico dos túmulos violados. Presenta restos da cámara dolménica da que se avistan dous chantos, un deles ciclópeo.
A mámoa encóntrase nunha finca de concentración parcelaria e sufriu no lateral norte unha rebanda importante no túmulo por mor dos traballos de roturación da primitiva gándara.
No concello de Agolada abundan as mámoas, con dolmen e sen el. Concienciar a todos dos valores deste patrimonio é ben necesario. Que non suceda coma no Campo de Tiro, onde había unha necrópole de sete mámoas e se arrasou con todas. Nos anos 70, a época de maior depredación de patrimonio que recordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario