10 de febreiro de 2007

FLORES NO SOBREIRAL

Sinto que os meus coñecementos de botánica non alcancen a coñecer os nomes de todas as flores e plantas que hai no noso arredor. Se algún dos que gastades o voso tempo en lerme coñece estas flores de alba fermosura e mo quere enviar, exprésolle o meu agradecemento por anticipado. Si vos quero indicar que estas flores foron fotografadas o 12 de marzo de 2005 no Sobreiral do Arnego, en As Piniceiras (Quián - Carmoega). Medran nun sotobosque de uces, carqueixas e xaras. O ollo da cámara permítenos superar as limitacións do ollo humano e contemplar a natureza na súas miudezas.
Hai dezaoito horas que lle puxen un contador a este blog e xa van 58 visitas. É un dato que anima a seguirvos ofrecendo estas pequenas enredadas sobre Agolada. E outras varias. Namentres dure o feitizo e vós vos sintades atraídos, seguirei neste labor.

4 comentarios:

  1. Aquí tés un lector. Cheguei vía Falabarato e gústame o teu blogo. A floriña da foto non a coñezo. Como non preguntes a Xisbe, o de Clop...

    ResponderEliminar
  2. eu tampouco a coñezo, é incriblemente fermosa (encántanme as flores), non menos fermosa que o traballo cotián que vas desenvolvendo ao traducir a golada en palabras para nós.
    parabéns!!!

    ResponderEliminar
  3. (desculpas por pór a golada, seino, é todo xunto)

    ResponderEliminar
  4. Creo que é un lirio salvaxe

    ResponderEliminar