Agolada posúe un dos seus maiores activos na centenaria feira que se celebra os 12 de cada mes. A feira ten cambiado moito, o agro tamén. Con imaxinación e vontade hai que mantela viva e dinámica, por orgullo, por historia e porque é unha das cousas importantes que aínda nos quedan. Ata hai ben pouco era a única feira popular capaz de competir coa lonxa de Silleda en becerros de abasto.
O mercadiño que hai arredor da feira poderíase complementar para facelo interesante. Levar algunhas actividades comerciais ao interior dos pendellos restaurados, recuperar algún dos pendellos-comedor como mesóns onde comer o polbo (pulpo), recuperar o Paseo da Parranda con atractivos interesantes (hostaleiros, culturais, turísticos...)
Na foto, un posto de polbo na feira do pasado mes de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario