20 de febreiro de 2007

TRES NAS TRABES DOS PENDELLOS

Tres adolescentes, tres amigos eliximos as trabes espidas dun pendello para retratarnos xuntos. Xa daquela intuïamos que este recinto era o mellor decorado que había na vila para facer fotos. Lonxe estabamos de comprender o valor etnográfico e histórico deste mercado antigo. Os pontóns nos que estamos subidos pertencían ao tellado dun pendello aínda existente. Hoxe só quedan os chantos verticais e os mostradores de pedra daquel pendello. (Fotos coma esta axudarannos nas tarefas da agardada restauración).
Tamén quedamos os tres, con bastantes anos máis: Ramiro Varela, Álvaro García e eu. Era setembro de 1973. O fotógrafo, Magar.
Dos dous carballos, queda o da dereita, supervivente da motoserrra, que xa mordera o groso tronco e salvouse in extremis.
As casas do fondo mantéñense en pé na actualidade, se ben lamentamos determinados elementos engadidos que rompen a harmonía do conxunto e introducen materiais alleos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario