Na foto obsérvase a pontella que une a insua coas terras da ribeira. O conxunto de insua, pontella, tostas, levadas, muíños e ponte medieval fan desta zona un lugar cun encanto especial.
É un espazo que compartimos co veciño concello de Lalín. A insua e as fincas que a rodean son propiedade privada, pertencen á casa das Pedras de Parada. Deberían ter algunha axuda para manter vivo e activo este lugar marabilloso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario