18 de febreiro de 2007

XOGADORES DE TUTE

Falarvos de Agolada obriga a falarvos da súa xente. Xente que traballa, que se divirte, que mira pasar o tempo sen atender ao reloxo nin a horarios.
Esta foto de Ton Van Vliet recolle a sobremesa demorada nun bar da vila hai trinta anos, arredor dunha partida de tute mentres se conversa cos veciños e cos amigos. A instantánea amosa maxistralmente a mirada de Raúl de Secundino, camisa escura, ollando ao frente. Unha mirada inquisitiva e cómplice que busca e que expresa simultaneamente, nun xogo no que non se permiten as chiscadelas. O brazo descuberto en pose de executar o peto da carta sobre o tapete. Decisión, satisfacción, orgullo e ata arrogancia reflíctense nunha mirada e nunha actitude franca e despexada.
Seis persoas máis completan o decorado, coas miradas distraídas, ignorando a cámara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario