28 de marzo de 2007

BRASÓN DO PAZO DE BORRAXEIROS (II)

Este escudo de feitura española está cuartelado en cruz. No primeiro cuartel presenta un brazo movente armado cunha espada (ABALLE). No segundo, unha cruz floreteada acompañada dunha estrela no cantón diestro do xefe (PEREIRA). No terceiro cuartel, os seis roeis dos CASTRO. E no cuarto, nove cuñas colocadas en tres faixas (ACUÑA).
O escudo áchase sobre cartela con dous tenantes aos lados sosténdoo e con profusa decoración. Ao timbre, helmo empenachado de plumas de avestruz.
As armas do escudo pertencen ás familias propietarias do Pazo de Parada de Amoeiro (Ourense), que quedou anexionado por casamento a Borraxeiros.
(De Pazos de Deza, Francisco Rubia e César Gómez).

Ningún comentario:

Publicar un comentario