31 de marzo de 2007

CASTRO DA GUROBELA



A arboreda da foto crece na croa do castro da Gurobela, na parroquia do Seixo. É o único castro do municipio que ten a muralla terraplenada: de pedra na cara interna (foto inferior esquerda) e talude de terra polo exterior (foto inferior dereita). Este castro mantívose nun estado aceptable ata hai corenta anos. Desde entón, os traballos agrícolas e unha explanación coa pá mecánica, alteraron notablemente o interior. Aínda así conserva dous terzos de muralla na que se pode apreciar a solidez das defensas e a altura dos muros. Dominaba unha ampla zona nas ribeiras do Ulla.
Nos traballos de roturación agrícola encontráronse muíños de man e outros vestixios.



Ningún comentario:

Publicar un comentario