10 de marzo de 2007

HORIZONTES DESDE O CASTRO MARCELÍN

O castro Marcelín é despois do Farelo a mellor atalaia que temos no concello de Agolada. Desde o castro en dirección norte vemos a panorámica da foto. En primeiro termo as casas de Cartas (Artoño), no centro a vila de Melide. Entre Artoño e Melide as terras do veciño concello de Santiso e ao fondo os montes do Bocelo.
Andan os políticos dándolle voltas ao asunto da autovía Santiago-Lugo, que pasa pola zona da foto. Non saben decidirse porque non atenden a criterios técnicos e si a onde poden perder máis votos. Eu outra explicación non lla encontro. Menos dilacións e máis accións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario