de gando vacuno e porcino básicamente). Ataviados co seu blusón negro ou mandilón, bastón, tesoiras ou xiz de marcar; planificaban as súas estratexias para marear a perdiz ata que esta caía de puro cansazo. Ao final rematábase o trato (de aí o nome de tratantes) co tradicional apretón de mans. Dar a man era sinónimo de deixarse levar.
-Trae esa man, home, que o becerro heino levar eu así teña que partir a diferenza.
-Non cha dou, que non me vale ese trato. Por menos do que che dixen non vendo. Aínda primeiro levo o cuxo para a casa, que se o mantiven seis meses, heino manter outro mes máis e ha pagar a pena.
- ...
Entre os tratantes había pactos e tamén diferenzas. Nos anos sesenta presenciei a un tratante detido e esposado (que impresión me causara!) por lle dar unha navallada a outro da competencia durante unha feira. Hai uns meses outros dous liaronse a bastonazos con feridas de importancia.
Na foto, ao fondo, dous tratantes na feira de Agolada. Ano 1974.
Ningún comentario:
Publicar un comentario