9 de marzo de 2007

PENDELLO DE LICERIO

En fotos coma esta é cando nos decatamos da dimensión da desfeita que asolou os Pendellos a partir dos anos 70. De conservarmos íntegro o recinto posuiriamos un dos mellores tesouros da arquitectura popular galega.
Esta foto dos anos 50 vén firmada por un fotógrafo de Pontevedra apelidado Novoa. Dar co arquivo deste fotógrafo sería de vital importancia para recuperar parte da memoria de Agolada. Quédanos por investigar no Arquivo da Deputación, cuxo edificio está na actualidade en obras.
A importancia do recinto dos Pendellos non reside nunha construción concreta senón no conxunto e na funcionalidade e finalidade para a que foron creados. Constitúen un mundo aparte no medio da vila de Agolada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario