Hai xa algo máis de dous anos que iniciei un labor altamente gratificante para min e sei que tamén para outras moitas persoas. Ocurriuseme pedir a algúns veciños colaboración para acceder aos seus álbumes de fotos e poder reproducilos para facer exposición delas en proxeccións multimedia. É un xeito de recuperarmos a memoria gráfica dunha vila e dun concello. Queda moito traballo por facer pero mes a mes imos gañando algunhas novidades. Os froitos desa recolleita á vista están nesta e noutras moitas entradas do Aquam Latam.
A imaxe de arriba, tomada na praza á beira da recén estreada fonte, data de finais dos anos 50. Nela están, de esquerda a dereita: Pacita de Prudencio, Chichita de Ricardo, Alfonsina de Blanquito, Raquel Vidal (a nena do vestido branco), Genoveva de Barrio, Mary Barrio, Vitudes da Coega (coa sella na cabeza) e a nai de Balbina Mariz.
A foto recolle elementos da praza inéditos noutras imaxes: algúns dos carballos da foto, a casa de Mutilado coa pedra vista, e un pendello desaparecido (o que se ve sobre a cabeza de Chichita).
A foto é do álbum de Mary Barrio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario