Na foto superior recollo o momento estelar da charanga dos pequenos da Banda de Música Municipal de Agolada.
Raúl Galego, o Gaiteiro Nubeiro, máis Manolo Varela (A Quenlla e Bico da Balouta) interpretando a Muiñeira de Peizás (lugar ubicado en Ferreiroa). Esta muiñeira compúxoa Raúl en homenaxe a seu pai, que era oriúndo de Ferreiroa e parceiro no muíño de Peizás.
Vicente Araguas co poeta Román Raña, que fora premio Esquío, nun momento da entrevista previa ao recitado do poeta. A nómina de poetas foi ampla: François Davo, Manuel Xosé Neira, Xosé Vázquez Pintor, Cesáreo Sánchez Iglesias, Estíbaliz Espinosa, Anxo Quintela, Xosé Miranda, Luz Pichel, Gonzalo Alonso-Bartol, Carlos Casanova, Marica Campo, Ramón Caride...
Maruxa, veciña de Agra (Agolada), mestra e cantante. Pertenceu a Fuxan os Ventos. Na actualidade canta na Coral Polifónica de Agolada. Durante a celebración cantou a canción "A lavandeira"
Mini, Xosé Luís Rivas Cruz, xunto con Mero, son os dous grandes piares de A Quenlla, coma no seu momento o foran de Fuxan os Ventos. Investigadores da música tradicional galega e amigos e socios de honra dos "Amigos dos Pendellos".
Maruxa, veciña de Agra (Agolada), mestra e cantante. Pertenceu a Fuxan os Ventos. Na actualidade canta na Coral Polifónica de Agolada. Durante a celebración cantou a canción "A lavandeira"
Mini, Xosé Luís Rivas Cruz, xunto con Mero, son os dous grandes piares de A Quenlla, coma no seu momento o foran de Fuxan os Ventos. Investigadores da música tradicional galega e amigos e socios de honra dos "Amigos dos Pendellos".
Mini acompaña con acordes de zanfona o romance de Manuel Ponte.
Os compoñentes de A Quenlla, prescinden de palco e case de micros (cantar á pelo é o que lles gusta) durante a súa actuación. A esencia da súa música harmoniza coma ningunha neste marco dos Pendellos.
Vicente Araguas con Luz Pichel, quen ostenta o último Premio Esquío polo seu libro Casa pechada, dialogan cunha complicidade natural e espontánea.
Poética
Quere poñer a galiña e non dá posto.
Quere poñer a galiña e non dá posto.
Todo o día no niño para poñer
un ovo, todo o ano,
pero non pon.
Á unha da tarde mira a ver que hai
e ve unha pouca palla.
Ás cinco mira outra vez e ve unha pedra,
pequena e lisiña,
moi feituqueira pero non é ovo.
O ovo sigue alí,
escachándolle o cranio á galiña,
pero non pon.
¿Facemos caldo?
Luz Pichel
¿Facemos caldo?
Luz Pichel
Ademais dos poetas e organizadores, estivemos acompañados polo Delegado de Cultura de Ourense, Xosé Carlos Sierra, Manuel Caamaño Suárez, Anxo Guerreiro, Xosé Manuel Eiré, María do Carme Kruckenberg, Adela Figueroa, Xoán Rubia, Xosé María Dobarro Paz, Xosé Antonio Ponte Far...entre outras personalidades.
Nesta foto Vicente Araguas e o alcalde de Agolada, Ramiro Varela, agasallan a Xulián da Boiga de Comías, amigo do Val do Xálima, que acudiu co seu pai para expoñer os seus produtos gastronómicos e artesanais e para afondar na amizade que nos une na lingua e no mutuo coñecemento. Saúdos para San Martí de Trevellu. "Quen vai a San Martiñu e non proba o viñu ¿a que carallu viñu?"
A cantante María Manuela deixounos a mornura da súa voz en tres coñecidas cancións súas.
Expúxose obra terminada dos artistas Paco Lareo, Camilo Camaño Xestido, Xulio García Rivas, Manuel Busto Magdalena, Luís Viñas, Saúl Otero, Fernando Oro e Damián Paio.
Pintaron un mural en vivo e en directo durante a sesión da tarde. Na foto, Manuel Busto Magdalena, Saúl Otero e Xulio García Rivas coa axuda de dúas nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario