Na Semana Santa de 2006 o Ulla baixaba frío e con reflexos irisados a carón das herbeiras de Basadre. Un pouco máis abaixo, o muíño do Ferreiro de Basadre ocupa unha das esquinas máis apartadas do concello de Palas de Rei. Alí estaban os irmáns Varela Villamor a gobernar tellados e madeiras para mantelo en pé, coas súas tres moas, unha delas dotada dunha turbina para producir electricidade. Á beira do muíño un tear, unha forxa e a vella casa. Como era en antes. Cando o patrimonio etnográfico e arquitectónico recibe tantos coidados honra a quen o posúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario