
¡Que necesidade hai de mirar as cousas pequenas! ¡Canta beleza diminuta permanece a ras do chan! Semella unha metáfora da vida. Pretendemos grandes empresas, metas elevadas, obxectivos ambiciosos... e a realidade, teimuda e rutinaria, componse de múltiples pequenas accións. Certo o refrán:
Moitos poucos fan un moito.As flores da imaxe estaban hai case tres anos nun prado lindeiro co rego da Xara, na parroquia de Ventosa. Sobre a herba brillaban estas campaíñas de cobalto e cristal cal tulipas de Bohemia. Efímeras e fermosas.
Que sorte temos por ser capaces de apreciar a infinita beleza dunha simple e fráxil flor! Saúdos Isabel.
ResponderEliminar