O Ulla é o río máis caudaloso de Agolada. Baña as parroquias de Ramil, Basadre, Eidián, Berredo, A Baíña, O Seixo, Agra e Brocos. Oito parroquias das 24 que ten o concello. O Arnego bica as terras de nove. Só comparten a parroquia de Brocos que é onde se xuntan. Xa que logo 17 parroquias das 24 teñen algunha relación cos ríos. Para algunhas son determinantes, para outras só un referente distante.
Na foto vemos o Ulla ao seu paso por A Cornella (Berredo), na banda dereita. Na esquerda é parroquia de Arcediago, concello de Santiso e provincia de A Coruña. Aquí houbo no pasado unha ponte medieval da que non quedan vestixios pero sí memoria. Pasaba o camiño que desde Agolada ía cara a Curtis. Hoxe hai unha área recreativa moi ben acondicionada, con praia fluvial, quiosco-bar, mesas, barbacoas, etc. Na foto podemos distinguir tamén unha pequena insua no centro do río e o que semella unha tosta son uns pasares ou poldras para cruzar o río no verán e acceder á insua.

Ata fai pouco, ollando ese breve noticieiro da voz de Galicia adicado a comarca do Deza, só me paraba nas novas de Vila de Cruces ou como moito de Lalin. Agora xa me paro ata nos chismes d´golada. Hoxe aledeime moito de saber que o río Arnego goza de boa saúde. De política falaremos no vindeiro día.
ResponderEliminarSaúde e terra, companheiro
Bo día, Busto1
ResponderEliminarHoxe tocáchesme o coraçao, eh! Mira que non levo pasado eu tardes de verán na Cornella. Mágoa que non son quen de ver a foto, algún problemuca debe ter. De todos os xeitos, noraboa polo teu recuncho, e grazas por traernos eses tesouros agochados.
Bicos santisianos