28 de maio de 2007

O ULLA PRETO DE A CORNELLA



O Ulla percorre o lado norte do concello de Agolada, primeiro facendo de lindeiro coas terras e Palas de Rei (Lugo) e logo coas de Santiso e así desde Ramil ata Brocos. Percorre zonas de grande beleza natural e paisaxística coma As Torrentes ou esta zona da foto sacada entre Mourazos e A Cornella, onde o río vai encorado por unha tosta dun muíño. As oucas ou algas de auga doce danlle cor e brillo á tona do río.

En Mourazos e n'A Cornella dúas pontes da Idade Media permitían vadear o río. Das pontes antigas apenas queda nada. No seu lugar hoxe campean dúas pontes planas de formigón. En Semana Santa fun a Mourazos por fotografar a inscrición da ponte medieval. Non foi posible porque o río ía moi cheo e auga cubría a rocha onde figura a inscrición. Dixéronme que mellor no mes de agosto. Alí estaremos, salvo novidade.

2 comentarios:

  1. A foto é preciosa. Parece un fermoso lugar.

    ResponderEliminar
  2. É un lugar fermoso, de feito, claro que dito de boca dunha "lugareña" non ten moita obxectividade.
    Grazas por traernos anacos de país tan fermosos, Busto.
    Bicos.

    ResponderEliminar