28 de maio de 2007

IGREXA E CASA REITORAL DE VAL DE SANGORZA

Hai poucos días un amigo deste blog indicábame nun comentario da oportunidade de falarmos das casa reitorais. Unha boa parte delas están na miña colección de fotos. Hoxe ofrézovos a igrexa e casa reitoral de Val, que é a primeira que se ve na foto. Eu estivera dentro dela cando a habitara o ex-crego D. Manuel Guerreiro Sánchez e máis a súa irmá Amelia e o seu cuñado Euloxio. Tratábase dunha casona metade señorial, metade casa labrega, rodeada dunha boa eira con emparrado, un recinto murado e varias leiras no arredor. Chamoume a atención un elemento da construción: un burato que había nun cuarto do primeiro andar á beira dunha ventá. Alí explicáronme que era para poñer a escopeta ou trabuco para lles disparar aos posibles salteadores da porta principal de entrada á casa.

1 comentario:

  1. A verdade é que es un persoa ben compracente cos seguidores do blog.

    ResponderEliminar