
Hai poucos días un amigo deste blog indicábame nun comentario da oportunidade de falarmos das casa reitorais. Unha boa parte delas están na miña colección de fotos. Hoxe ofrézovos a igrexa e casa reitoral de Val, que é a primeira que se ve na foto. Eu estivera dentro dela cando a habitara o ex-crego D. Manuel Guerreiro Sánchez e máis a súa irmá Amelia e o seu cuñado Euloxio. Tratábase dunha casona metade señorial, metade casa labrega, rodeada dunha boa eira con emparrado, un recinto murado e varias leiras no arredor. Chamoume a atención un elemento da construción: un burato que había nun cuarto do primeiro andar á beira dunha ventá. Alí explicáronme que era para poñer a escopeta ou trabuco para lles disparar aos posibles salteadores da porta principal de entrada á casa.
A verdade é que es un persoa ben compracente cos seguidores do blog.
ResponderEliminar