O portalón de entrada da Casa da Pena en Carmoega ten a nobreza da pedra gra, o arco de medio punto rebaixado e as ameas coroándoo sobre voadizo acornixado. É a parte da casa que mellor conserva o pasado esplendor. As labras heráldicas consérvanse no corredor da casa, pero a portada carece delas.
A casa ocupa a posición máis elevada da aldea e aséntase sobre a rocha viva, de aí o nome. Desde esta ubicación domina visualmente o ubérrimo val. O recinto do casal está formado por varios edificios: casa principal, casa do caseiro, cortes, palleiras, fornos, pendellos, curral, lagar e xardín. Todo el cercado por un valado de pedra de dous metros de altura.
As posesións da casa son extensas e forman fincas de grandes dimensións. O Sobreiral básicamente conservouse porque está na súa maioría asentado nunha inmensa chousa, propiedade desta casa, que se coñece como Zarra da Pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario