Cando rematou a reunión Daniel López Vispo (á esquerda na foto), Marcial Barral Vázquez (con visera verde) e outros amigos quixeron coñecer a Ponte dos Cabalos, a insua e o paso do Arnego por esta zona, que daquelas tamén estaba afectada pola construción das minicentrais Lamas I e Lamas II. Despois de coñecer o lugar non aforraron palabras para gabar a beleza da insua e a ponte e o magnífico entorno natural.
Cómpre dicir que co cambio de goberno da Xunta, as tres minicentrais citadas foron suprimidas sen que fose necesario atender ás alegacións que no seu día presentamos acompañadas polas firmas da maioría dos veciños afectados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario