13 de xuño de 2007

CASTRO DE VENTOSA

Do antigo recinto castrexo de Ventosa, que abrigou as casas da aldea no primeiro milenio antes de Cristo, queda un anaco da muralla de terra que defendía a eira onde se asentaban as cabanas.
Aproximadamente queda unha quinta parte da muralla, na parte norleste, na que medran castiñeiros e carballos. É a que pode verse na foto, bordeando a leira que está en primeiro termo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario