13 de xuño de 2007

CAPRICHOS GRANÍTICOS

Esta rocha de curiosa forma está no concello de Rodeiro, na parroquia de O Az, moi próxima ao límite co concello de Agolada, bastante preto da estrada local que une as aldeas de Cristimil e a Aldea do Monte.
A erosión labrou a rocha ata concederlle corpo e cabeza de ave. Á beira da rocha os cañotos queimados testemuñan o incendio que no verán de 2005 arrasou esta zona.
A pouco que andemos os montes cos ollos atentos encontramos pequenas curiosidades como as que hoxe vos amoso, por se non fose abondo o pracer de camiñar ao aire libre afastados do mundanal ruído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario