12 de xuño de 2007

TREILAMAS (VENTOSA)

Poucas veces se consegue facer unha foto dunha aldea sen que aparezan elementos construtivos alleos ao estilo tradicional. Pois iso conseguino neste recanto de Treilamas. O tellado novo da casa e a antena de TV quizais sexan as únicas cousas que non estivesen aí hai cen anos.
Así poderían estar moitas aldeas, restauradas pero non desgraciadas. É unha teima pola miña parte pero cada un ten que aturar das súas manías.

1 comentario:

  1. Non penso que sexa manía, oxalá os dirixentes municipais, empurrados polo sentir do pobo que gobernan, obrigaran a manter o estilo arquitectónico das súas aldeas, pobos e cidades, así non veriamos as atrocidades que se ven, en todo-los lados.

    Naveiro.

    ResponderEliminar