1 de xuño de 2007

ALBERGUE NOS PENDELLOS

Onte recollía a prensa unha noticia que falaba de que unha arquitecta do plan Leader presentará ao concello un proxecto redactado no seu día para converter varios pendellos en albergue de peregrinos.
No seu día desde a Asociación Amigos dos Pendellos elaboramos unha Definición de posibles futuros usos para estas construcións. Naquela Definición contemplábase esta idea, un albergue que podería ter tres seccións ou reas de pendellos aos que nós lles vimos posibilidades, sempre asesorados polos arquitectos de Patrimonio. Tamén vimos posibilidades para unha pousada de turismo, para varios mesóns ou cafeterías, tendas de artesanía e productos gastronómicos, oficinas ou locais sociais para as asociacións do concello, talleres para artesáns, locais para un museo etnográfico, oficina de turismo, salas de exposicións, centro de interpretación das feiras...
Aledámonos de que paulatinamente se vaian incorporando proxectos e se lles empece a dar forma. Confiamos en que moi pronto se inicien as obras da Capela das Virtudes e o Centro Expositivo que irá ubicado na primeira construción da esquerda que aparece na foto que acompaña esta entrada. Sabemos que unha vez que haxa algo feito as propias obras demandarán que se restaure o resto.
Estes días andamos coa idea de que urxe volver insuflar vida á feira no interior dos pendellos-expositores. Haberá que actuar conxuntamente Asociación, Concello, Consellería de Medio Rural para potenciar o mercado no antigo recinto. Será un referente, o único que quede nun recinto antigo.
A foto foi realizada por Manuel Buján, "Magar", a principios dos anos 70.

Ningún comentario:

Publicar un comentario