2 de xuño de 2007

POLÍGONO INDUSTRIAL E VIVENDAS SOCIAIS

Na saída de Agolada cara a Melide, a menos de un quilómetro do centro urbano, construíuse xa hai algúns anos o Polígono Industrial, no que neste momento funcionan sete empresas dedicadas á fabricación de portas de madeira, outra de lacados e vernizados, un aserradoiro de pedra, unha empresa que comercializa madeira, un almacén de materiais e outra emprtesa de capintería de madeira.
Houbo unha segunda fase de ampliación do Polígono que aínda está sen rematar.
Á beira do Polígono construíronse 18 casas unifamilares de protección oficial. Iso fixo que esta zona, a Fonte de Cántaras, onde hai 30 anos pastoreaban vacas e ovellas os veciños de Friufe, cambiara radicalmente de aspecto.
Creo que a ubicación do Polígono e as Casas de Protección non foi a mellor, pero iso agora xa non ten remedio. Só aprender dos erros. Para o Polígono debérase ter buscado un terreo menos costento e as vivendas de protección deberan quedar integradas no casco urbano, onde sobran rúas urbanizadas con solares sen edificar. O que se gastou de máis en urbanizar a rúa das vivendas sociais chegaba para pagar o terreo no centro urbano e deixaba as familias con todos os servicios próximos. Falamos da dispersión habitacional de Galicia como un defecto que ralentiza o progreso. Levar as vivendas sociais a onde están é un exemplo de dispersión e ademáis contribuíu ao despoboamento da vila (varias familias víronse obrigadas a desprazarse desde o centro urbano á Fonte de Cántaras).
Conclusión: aprender dos erros para non volver caer neles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario