No que coñezo de Agolada encontrei catro hórreas: en Baíña, Sesto, Quián e esta de Basadre.
Esta pertence á casa de Pardo de Basadre. Presenta un estado bastante deteriorado.
Cómpre preservar este patrimonio etnográfico e arquitectónico como mostras do apoxeo do pasado agrícola que tivo no millo un dos cereais básicos para alimentación animal e humana.
Contáronme que en Basadre houbera máis hórreas, pero desapareceron.Outro tanto sucedeu en Brocos.
Ola! Son unha vaciña de Basadre que o invita a que volva de novo sacarlle fotos a esta hórrea que presenta un estado mellor.
ResponderEliminar