O 17 de maio estivemos acompañando a Xosé Vázquez Pintor no momento feliz da recepción do Premio Ramón Cabanillas en Cambados.
Desde aquel día foron varias as noticias negativas relacionadas coa súa saúde e a dalgúns dos seus familiares.
Recén saído dun internamento de sete días no hospital, Pintor comunícanos aos amigos desde a súa convalecencia en Cangas, unha nova feliz: veñen de lle conceder en Ourense o Premio Vicente Risco de Narrativa pola súa novela Lira.
Os premios sempre se reciben con agrado. Este por dobre motivo, premia o traballo e a novela e contribúe ao optimismo que é unha das mellores terapias das que tan necesitado está Pintor.
Desde este blog quérolle mandar a miña felicitación cunha aperta garimosa e o agasallo desta foto que lle fixen hai máis de dous anos na súa casa de Agolada. Daquelas aínda tiña saúde de buxo.
No cadro de atrás aparece o seu pai, Alfredo de Vila cando era mozo.
dende toxomar tamén quero mandarlle unha aperta moi agarimosa ao amigo pintor e desexo que se restableza o antes posible. teño previsto ir a cangas a finais de xullo, se todo vai ben, e encantaríame compartir paseo polo areal de rodeira, tal e como xa tivemos feito nalgunha ocasión.
ResponderEliminar