Casa Grande, Pazo, Torre, Castelo, Fortificación medieval. A súa pasada grandeza deveu en ameaza de ruína.
A historia deste pazo remóntase ao século XIII, época na que Fernán Páez Varela de Traspenas, rico-home de Fernando III o Santo se destacara na batalla das Navas de Tolosa (1212). Distinguido polo seu valor recibiu o apelativo de O do Capelo. Nesta batalla gañou para o seu escudo unha cadea con candado.
O edificio está nun lugar apartado e solitario da parroquia de Artoño e tal como o seu nome indica ao abeiro dun outeiro coroado de penas. Da antiga construción aínda se advirten os sólidos muros e o terraplén sobre o que se edificou para garantirlle as defensas.
Da antiga solaina da Casa queda esta columna que agora está encastrada entre ladrillo e cemento desde a última reforma.
Na foto de arriba vese o que queda da antiga torre, alterada para practicarlle vanos e rebaixada na súa altura.
Na foto de abaixo vemos a ecaleira patín pola que se accedía á zona nobre do edificio.
Aínda se poden distinguir os restos da antiga torre no medio das posteriores edificacións pacegas. O edificio sufriu moitas reformas ao longo dos séculos. A última delas foi sen dúbida a máis desafortunada coa incorporación de materiais alleos aos xenuínos do edificio.
Traspenas visto desde A Baliña (ou Valiña). Anexas ao edificio hai na actualidade unha palleira e un establo de bloques.(Tras) Pena (s) de edificio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario