1 de xuño de 2007

BAR NEGRO

Hai tantos anos que pechou que xa poucos o recordan. O Bar Negro estaba onde agora ten a ferraxería-bazar Fernando de Meixide. Foi café-bar e por veces café-teatro e café-concerto. Os máis veteranos recordan ter escoitado os partes durante a Guerra Civil na única radio, que estaba neste bar e funcionaba cunha batería. Daquelas aínda non había enerxía eléctrica en Agolada.
Despois de ter pechado, durante moito tempo aínda puidemos ver en diferentes casas as mesas de mármore branco que pertenceron ao bar.
Na foto eu só distingo ás dúas persoas do centro: Manuel Galego Iglesias e Marité Negro Cumplido.
A foto é do arquivo de Manuel Galego Iglesias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario