Na presentación deste blog xa especifiquei que me gusta a fotografía. Iso non significa presumir de fotógrafo, pero tampouco quixera pasar por un disparafotos. Teño escoitado que un bo profesional conténtase cunha soa foto boa de cada cen que fai. Eu conformaríame cunha de calidade cada duascentas ou trescentas.
Para facer máis variados os contidos que vos ofrezo de vez en cando traio algunha foto diferente, de detalles intranscendentes. A vida é iso: unha suma de innumerables feitos cotiás intranscendentes, que nuncan acadarán categoría para pasar á historia; á beira de outros poucos relevantes.
A foto desta entrada é unha cortina de auga que caía na tosta de abaixo da Insua dos Cabalos. Unha sinfonía visual de frescos acordes. Un cristal líquido que se expande e se derrama en encaixes de brillos e sombras. A voz do río que soa gorda e eufónica con ecos que soben ata as copas dos carballos e dos ameneiros. Un catálogo de ampla variedade para colmar os sentidos.
Así é como eu disfruto desta natureza inmaculada e ignorada.

Un bo fotógrafo adiviña a alma das imaxes que retrata e ti, penso eu, sabes retratala e mostrala para os demáis.
ResponderEliminar