A foto está sacada desde o lugar de Pena Grande no Coto de Santoandré, desde onde hai unha ampla e fermosa panorámica sobre o val de Carmoega e onde se poden observar as copas das sobreiras coma cogumelos de xoguete abeirados arredor do Arnego. Aquí o val péchase e o río discorre por un estreito e espectacular canón. Precisamente neste punto a empresa Moncabril proxectou un macroencoro no ano 1961 e recentemente o anterior goberno da Xunta de Galicia aprobara a concesión para unha minicentral. Afortunadamente foron proxectos abortados a tempo que virían a roubarnos a beleza natural deste espazo protexido na Rede Natura 2000.
Cando eu fun neno todo o que se poder ver na foto era un bosque mesto, alonxado, unha reserva natural de excepción. As pistas e as pradeiras artificiais roubáronlle boa parte do encanto. O bosque auténtico sempre tivo algo de inaccesible e misterioso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario