Teño unha débeda pendente con Celso Fernández Sanmartín. El suxeriume unha idea na que eu tamén estou interesado, pero un sente que non dá atendido a todo. Teremos que empezar pronto. Trátase de recoller as historias da feira que aínda queden na memoria da xente. Se algún dos lectores coñece algunha, vaia o noso agradecemento se nolas fai chegar.
A foto que acompaña esta entrada ten unha pequena e sinxela historia. Os dous mozotes do fondo (Tuchiño de Antucho e Félix de Prudencio), nunha inocente e respectuosa broma, quixeron retratarse facendo a graza de colocarse tras as señoras sen espertalas do seu sono. Era día de feira en Agolada, as señoras, dúas poleiras (as que mercan galiñas), durmían unha boa sesta no prado do Fraga despois de facer as súas feiras e na espera de que o autobús que as levase de volta saíse cara o seu destino. Sobra dicir que estas sestas só eran posibles nas feiras dos meses de verán.
que bonita a foto e que idea tan xenial a de ilas coleccionando coas suas historias. Virei moito por atopalas...
ResponderEliminar