19 de xuño de 2007

RESTOS DO MUÍÑO DO REGUEIRO (CARMOEGA)


Velaquí un caso de arqueoloxía moderna. En Carmoega, no camiño que une os lugares de Pazos e A Devesa, á beira do valado do prado, hai cinco pezas graníticas que formaron no seu día a canle do muíño do Regueiro. Son pezas de valor etnográfico que xacen olvidadas, servindo de amparo ás estacas da rede de arame. Son cinco bloques prismáticos de granito de boa calidade, perforados e agargalados e formaban un conducto que baixaba con forte inclinación desde a presa ata o rodicio do antigo muíño. O muíño estivo aí, en ruínas moitos anos e despois da concentración parcelaria, o novo propietario da finca decidiu derrubalo de todo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario