Esta casa ten moitos elementos que a caracterizan como unha casa fidalga. Pese ás múltiples modificacións, non todas afortunadas, conserva a balconada, grosos muros de perpiaño e cachotería, amplo curro na entrada, arredor do cal se dispoñen as cortes e cabalerizas, escaleira pétrea de acceso ao sobrado, recinto amurallado no curro, ampla palleira, celeiro, hórreo e pombal.
O apelido Sarandeses entrou na historia da casa no primeiro terzo do século XIX, procedente do pazo de Moas (Brántega). Anteriormente o apelido da casa era García, como pode verse nos documentos da casa e no Catastro de la Ensenada.
A casa posuía muíño á beira do río Ferreiroa e era propietaria da Capela das Virtudes, ubicada orixinariamente moi preto do muíño citado.
moi boa reportaxe sobre as casas da zona e de esta en concreto,da que proceden dous dos meus bisavós.
ResponderEliminar