Na parroquia de Val coñezo dous cruceiros. Un deles está no cruzamento dos camiños, na parte traseira da igrexa. Con basamento, fuste, un capitel esquemático e remata nunha cruz, sen iconografía.
Onda o campo da festa hai outro cruceiro máis recente. Ten o estilo de Paio de Lalín, polo que me atrevería a dicir que é da súa autoría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario