26 de xuño de 2007

A FERREIROA MEDIEVAL

Esta porta pertence a unha casa de Ferreiroa. É a única da aldea que foi construída en arco de medio punto, con perpiaños e dovelas de notables dimensións. Ben puidera datar da Idade Media, sen que teñamos información documental que así o confirme.
Encóntrase anexa á que se denomina Casa do Cura. Poida que no pasado pertenceran á mesma casa. Mesmo pensei se sería casa rectoral ou se se chamase así porque nesa familia houbese algún crego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario