26 de xuño de 2007

OS PENDELLOS VOLTAN AO CINE

No mes de xullo do ano 2006, un equipo de TVG estivo a rodar durante dous días nos Pendellos escenas para o documental Historias de Galicia.
Mañá, 26 de xuño de 2007, volta o mesmo equipo por segunda vez para rodar outras escenas diferentes para a segunda parte da mesma serie. Necesitarán dezaoito homes adultos como figurantes. Prefírenos de Agolada. Non só buscan os mellores decorados para o seu documental senón tamén vencellar ao pobo co seu labor e destacar o valor dos Pendellos como un espazo único. Deron connosco a través da web de Luís Viñas e do anterior documental filmado por Adiviña Producións: O Camiño de Santiago. A Orixe.
Álex Sampaio, Adiviña Producións, TVG, TVE2. Xa son varias a empresas do cine e a TV que encontraron nos Pendellos un excelente plató.

1 comentario:

  1. Felicidades polo traballo eiquí exposto, fiel reflexo dunha bisbarra e da calidade humán de quen o escribe.
    Unha aperta dende Boiro.

    ResponderEliminar