22 de xuño de 2007

ENÉSIMA FOTO NA FONTE

A foto era de vocación familiar, Dona Maruja do cine coas súas fillas, á beira da fonte, a principios dos anos 60. Pero sen pretendelo é historia gráfica da gran campa da feira de Agolada: a praza, co seu palco, a casa da Parda, a casa do Mutilado aínda sen recebar, o pendello do ferreiro de Couso.
As cousas mudaron, moitas destas construcións desapareceron pero sempre teremos a memoria fresca grazas a estas imaxes recuperadas para compartírmolas entre todos. Tamén a lembranza de dona Maruja e a súa filla Lola.
Con chaqueta negra e saia branca, Mary Barrio Rial, que foi quen me cedeu esta foto.

1 comentario:

  1. Non era Dona Maruja do cine, senon Dona Maruja de Barrio. O Barrio era quen tiña o cine na Golada, pero non eran coñecidos polo cine, senon como Barrio.

    ResponderEliminar