A igrexa de Berredo é de factura románica con múltiples reformas posteriores, non todas afortunadas. A fachada foi alterada na súa totalidade e presenta un paramento plano cunha porta anodina de traza rectangular e moldura en chafrán. A porta do lateral norte foi igualmente reformada. Perdeu os canzorriños da nave, que se substituíron por un acornixado elemental.
Conserva a ábsida semicircular con interesantes canzorriños. É a parte da igrexa máis salientable.
Os elementos que menos harmonizan co resto do conxunto son o campanario metálico e a sancistía anexa á nave polo lateral norte e resolta con muro remozado e caleado.
Os elementos que menos harmonizan co resto do conxunto son o campanario metálico e a sancistía anexa á nave polo lateral norte e resolta con muro remozado e caleado.
Hoxe teño o día das preguntas. Sempre me gustaron os canzorros. Sabes se en Agolada os hai de factura obscena como sucede noutras igrexas románicaas de Galicia e de fóra? E outra, son os mesmos motivos en todo o románico de Agolada? Máis unha vez, gracias.
ResponderEliminarAínda non teño un estudo exhaustivo dos canzorros, pero nos que me levo fixado non hai ningún de carácter obsceno nin irreverente. Vinos con motivos xeométricos os máis, cabezas de animais diversos, motivos vexetais e incluso hai un en Ferreiroa cunha serpe enroscada que xa publiquei neste blog na entrada da igrexa de Ferreiroa.
ResponderEliminarGrazas polas preguntas e o interese.
Un cordial saúdo.