Na foto inferior ofrézovos outra vista da cámara dolménica deste monumento funerario do neolítico. Esta mámoa pertence a unha necrópole de varios túmulos, situados no monte Turubelo en Axiaz (Ventosa). Agolada é unha terra rica neste tipo de xacementos prehistóricos, especialmente na parte alta do concello, onde a xeoloxía do subsolo é granítica.
Unha pregunta para ti que sempre te amosas interesado polo toponimia. Este microtopónimoserúa unha variante de mamelas, ou sexa, diminutivo de mámoa? Moitas gracias
ResponderEliminarCreo que estás acertado na túa observación. A distancia fonética entre os dous termos é tan mínima como para pensar nesa coincidencia. Eu tamén aposto por ese significado sen que teña datos autorizados para confirmalo.
ResponderEliminarGrazas polo interese e o comentario.
Saúdos.