29 de xuño de 2007

IGREXA DE BROCOS

A vella aldea de Brocos quedou baixo o encoro de Portodemouros. A igrexa tamén. Fenosa construíu este horrificio que pasa por igrexa. Seguro que había moitas maneiras de construír unha igrexa digna, pero non se quixo gastar. Cando se fixo o encoro corrían os anos 60 e daquelas non eran tempos de reclamar un edificio mellor. O campanario metálico e a pequena palmeira que hai diante da porta contribúen a darlle máis exotismo.
Contemplando este edificio doume conta da inmensa sorte que teñen as outras parroquias por teren templos moito máis elegantes e acordes co entorno. Gustaríame conseguir, se é que existe, unha foto da antiga aldea de Brocos e da súa igrexa.

1 comentario: