Veño de saber da lúa de mel de Manuel Jabois, amigo con quen comparto amigos e afeccións. Desde a zona cero de NY acaba de ollar o AQUAM LATAM e naceulle a morriña da terra.
Por se o volve ollar quero pousarlle aquí a miña noraboa e o desexo de que convirta a viaxe nun periplo inesquecible. E que volva pronto para seguir a regalarnos cos seus atinados artigos. Xa me estrañaba a min que desde o 30 de Maio non colgase nada no blog. Agora xa o entendo.
Unha aperta de buxo, Manuel.
(Tamén para isto serven os blogs).
Meu amigo, es moi xeneroso. Moitas grazas.
ResponderEliminar(Tenho que actualizar esa foto. Non son eu. Nin me parezo. Pero mellor asi)
Outra longa, longa aperta de buxo para ti.