30 de xuño de 2007

O PONTILLÓN

Esta foto tamén é da autoría de Ton von Vliet. Tirada en 1980. Nela aparece o lugar denominado O Pontillón (hoxe unido a Agolada), topónimo debido á pontella que existiu no medio da recta que se ve na imaxe, para salvar o regueiro que vai cara a Bidueiros. Esta pontella daba paso ao camiño real que procedía de Ventosa.
En 1980 aínda vemos o carro de Fernando de Antonio rodando na procura dunha tarefa agrícola. Dúas vacas xunguidas e outra atada a un dos fueiros traseiros.
No medio da foto, un ciclista que prefire non gastar esforzos cando a estrada se empina.
As casas, en primeiro termo á do Bautista, a segunda é a do Lixeiro.
A brétema non permite albiscar o horizonte que se estende cara o Farelo.

3 comentarios:

  1. Preciosa foto coma todas.
    O Ton von Vliet non terá algún arquivo fotográfico na www ?.

    ResponderEliminar
  2. Non, non ten páxina web. Na actualidade traballa para varias editoriais, e tamén na publicidade. Tivemos a grande sorte de que se lle ocurrise pasar as vacacións de tres anos consecutivos aquí en Agolada entre nós. E froito daquelas vacacións conservamos este tesouro de imaxes.

    ResponderEliminar