30 de xuño de 2007

TÍMIDO VERÁN

Hoxe é o 30 de xuño, do mes das cereixas. Cando moitos falan de cambio climático e desxeo dos polos, aquí estamos a vivir un verán calmoso, tímido, que non se atreve a chamar nas portas de xullo. Vai un tempo inusualmente fresco.
A mañá estaba limpa e morna e eu andaba nos Chaos de Aián a enredar a mirada nos carballos e nas poucas vacas que había nos prados. A tarde descompúxose en fiaños rachados e a noite trouxo bagullas de orballo.
O tempo é sempre tema recurrente e máis cando levamos varios anos nos que se romperon os ciclos das estacións. Aquí seguimos agardando polo verán dos amenceres luminosos e os solpores arroibados.

1 comentario:

  1. os veráns que máis me gustan son os que nos nacen por dentro e nos fan sorrir, aínda así, os outros verán, de temperaturas calorosas e frescas polas noites chegarán no intre menos esperado.
    unha aperta!!!

    ResponderEliminar