Por falta dun guía turístico municipal, son bastantes as veces que desde a Asociación Amigos dos Pendellos temos que exercer tal función. Hai un ano visitábannos os amigos de Cangas do Morrazo nunha excursión organizada pola asociación O Cacarexo. Recibímolos a golpe de música de Bico da Balouta, onda a fonte. Visitaron os Pendellos e o Dolmen dos Muíños, cando aínda non estaba tapado.
Se se pensa nas posibilidades turísticas de Agolada hai que orientalas case sempre ao turismo cultural: os Pendellos, a arqueoloxía (castros, mámoas, petroglifos, pontes..), á etnografía e á natureza (o Sobreiral, as Torrentes, o Farelo..), á arte: o románico de Ventosa, Órrea, Ferreiroa, Borraxeiros, Ramil, Berredo...; os pazos.
No apartado do ocio cómpre destacar as casas de Turismo Rural (Casa do Xis en Val, o Pazo de Eidián), o Muíño das Canizas, a empresa Turnativa de Val (con diversas actividades recreacionais), o piragüísmo ou kaiak en Brocos ou nas Torrentes, ou no Arnego, o sendeirismo, etc.
Os de Cangas pasaron connosco unha mañá moi agradable, chea de interese e significado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario