Hai tres anos coñecín con Fidel Torreiro Sarandeses a existencia e a historia da Ponte das Virtudes. Está no río Ferreiroa, moi próxima á antiga ubicación da capela das Virtudes (de aí lle vén o nome á ponte). Esta ponte substituíu á orixinaria, que era de madeira. Por ela accedíase á capela e pasaba tamén a procesión que saía desde a capela ata o cruceiro que había no monte, na encrucillada co camiño que ía de Ferreiroa a Bidueiros.
Cando se fixo o traslado da capela desde Ferreiroa ata Agolada, ao rebentaren os bois no carrexo, decidiron non continuar co traslado da pedra e os restos da ermida empregáronse para erguer a ponte que vemos na foto. Nas inmediacións da ponte quedan tamén outros restos da capela: a ara de pedra, facendo parede na presa dun muíño e o pé da pía baustismal nunha volta do río. Tamén unha caseta e unha cancela que conservan as ucheiras e os batentes dunha porta.
É unha ponte de dous ollos, cun pear central e dous laterais. A plataforma fíxose a base de grandes lousas graníticas e carece de peitorís.
� unha sorte que haia que catalogue estas cousa que coma ben se ve,non han de tardar en desaparecer, se nadie o remedia.
ResponderEliminar