2 de xullo de 2007

CRUCEIRO E IGREXA DE AGRA

O cruceiro de Agra está no adro , na parte traseira da igrexa. É de nova factura. Ten o estilo dos que fai Paio de Lalín. Unha destas características reside no fuste tallado a xeito de tronco coas pólas podadas. Neste caso tamén aparece un Santiago peregrino esculpido na parte media do fuste.
Fachada da igrexa de Agra, de escaso valor artístico. De estilo convencional. O campanario é unha espadaña con dobre arco para ubicar as campás. Frontón e campanario apararecen coroados por tres pináculos.

Tras a ábsida aparece o cruceiro e un caseto que serve de pórtico para abrigo dos feligreses.


Ningún comentario:

Publicar un comentario